Roberto Tojeiro, presidente de Gadisa, Premio Liderado Empresarial da CEC

O xurado valorou a contribución da empresa, líder na distribución de alimentación, ao “crecemento da economía galega” e a súa achega á “xeración de emprego” nos últimos trinta anos.

Por GC Emprende | A Coruña | 27/04/2015 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O presidente-conselleiro delegado de Gadisa, Roberto Tojeiro Rodríguez, foi galardoado co Premio Liderado Empresarial da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC), creado en 2007 para recoñecer aos empresarios máis destacados que pola súa traxectoria deixan unha “pegada indeleble” na contorna empresarial, e teñen unha transcendencia económica e social que supera os límites territoriais de Galicia.

Roberto Tojeiro, presidente conselleiro delegado de Gadisa, cos membros do seu consello e o conselleiro de Economía
Roberto Tojeiro, presidente conselleiro delegado de Gadisa, cos membros do seu consello e o conselleiro de Economía

O xurado, integrado polo Comité Executivo da patronal coruñesa, destacou a contribución de Gadisa ao “crecemento da economía galega” e a súa achega á “xeración de emprego” no últimos trinta anos. A entrega do premio terá lugar o día 2 de xuño, nun acto que reunirá a un numeroso grupo de invitados, entre eles o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ademais doutros representantes da vida política, social e empresarial galega, que serán recibidos polo presidente da CEC, Antonio Fontenla Ramil.

Roberto Tojeiro (As Pontes, 1961) está licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais por ICADE. Comezou en Gadisa como adxunto á Dirección Administrativa até converterse en 2011 no presidente-conselleiro delegado do grupo empresarial. 

Na actualidade, sustenta outros cargos profesionais en empresas relacionadas con sectores como transporte por estrada, servizos, químico, bioquímico, enerxético, inmobiliario, agroalimentario, forestal e fabricación de taboleiros e chans de madeira. Tamén é presidente e conselleiro delegado do Grupo Ifa,  presidente de honra e fundador da Asociación Galega da Empresa Familiar, membro do comité executivo da Cámara de Comercio da Coruña, vicepresidente do comité executivo de APD Noroeste, presidente da Asociación Galega de Supermercados (ASUGA), membro da xunta directiva da organización estatal (ASEDAS), e patrón da Fundación Juana de Veiga.

Tojeiro recibiu nos últimos anos varias distincións, entre as que destacan a Medalla Castelao en 2011, concedida pola Xunta de Galicia, así como outras de distintas entidades públicas e privadas dentro e fóra da Comunidade Autónoma.

Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Gadisa
Roberto Tojeiro, conselleiro delegado de Gadisa

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta