Pousa Antelo, os mártires de Carral ou Díaz Pardo enterrarán a memoria de Franco en Lugo

O Concello de Lugo estuda retirar as distincións municipais ao ditado e a Antonio Pedrosa Latas, Comandante Manso e Heli Rolando de Tella. A Corporación municipal tamén decidirá sobre o cambio de nome de varias rúas en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 28/04/2015 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Franco e algúns destacados franquistas que teñen nomes de rúas e mencións honoríficas en Lugo están a piques de pasar ao esquecemento o vindeiro 4 de maio. Ese día, a Corporación municipal lucense debaterá na sesión plenaria ordinaria a retirada das distincións municipais outorgadas no seu día a varias figuras franquistas e tamén se pronunciará sobre o cambio de nomes nalgunhas rúas da cidade en aplicación da Lei da Memoria Histórica.

Francisco Franco
Francisco Franco

A proposta do Goberno local que debaterá o Pleno da Corporación lucense inclúe a retirada dos títulos de Alcalde Honorario e Alcalde Honorario Perpetuo a Francisco Franco e das Medallas de Ouro da cidade concedidas no seu día a Heli Rolando de Tella, Comandante Manso e Antonio Pedrosa Latas.

Asimesmo, o Goberno municipal propón o cambio das seguintes rúas: General Tella que pasará a chamarse Avelino Pousa Antelo, Comandante Manso por Mártires de Carral, Cedrón del Valle polo nome de Isaac Díaz Pardo, Teniente Coronel Teijeiro polo de Luis Peña Novo, Glorieta Irmáns Pedroda polo de Xaquín Lorenzo “Xocas”, Ruiz de Alda polo de Luis Cordeiro e Carlos Azcárraga polo de Adolfo Suárez.

A proposta inclúe ademais poñerlle o nome de paseo de Daniel Varela Piñeiro ó treito da ronda interior da Muralla que vai dende a praza do Cantiño ata a rúa do Teatro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 lugo

Marca España Existe unha lei pero a administración aplicaa con calma...se eu como particular fago o mesmo, pobre de min.

1 Maismarea

Pois a ver se fan o mesmo na Pontevedra do BNG con varias figuras franquistas presentes no rueiro local.