Louzán resta importancia ao caso Rubiales: "Conseguir a Copa é algo incríble pero dáselle máis importancia ao outro"

"Son erros que se cometen na vida pero xa pediu desculpas", di. Teresa Abelleira, emocionada tras a homenaxe en Pontevedra.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 25/08/2023 | Actualizada ás 09:53

Comparte esta noticia

O presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, referiuse este xoves ao caso derivado do bico non consentido do presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, á xogadora Jenni Fermoso, apuntando que "que son erros que se cometen na vida" e destacando que Rubiales "pediu desculpas".

A preguntas dos medios de comunicación durante un acto de homenaxe á xogadora pontevedresa Tere Abelleira, Louzán confirmou que asistirá á convocatoria extraordinaria da Asemblea da Real Federación Española de Fútbol prevista para venres na Cidade do Fútbol de Las Rozas e na que, previsiblemente, Rubiales presentará a súa dimisión pola polémica xerada.

"Eu vin que algúns non van asistir, pero eu creo que por respecto á convocatoria creo que temos que asistir", dixo Louzán. A continuación, o presidente da federación galega dixo ser "consciente da situación" que se vive tras o sucedido, ante o que apelou "á unidade do equipo que traballamos durante moito tempo".

En todo caso, restou importancia á polémica xerada polo bico de Luis Rubiales, apuntando que "son erros que se cometen na vida" e destacando que o presidente da RFEF "pediu desculpas". "Como nos pasou a moitos, eu vin a moitos compañeiros mesmo de medios vosos que en principio non lle deron a dimensión que despois foi collendo a situación", apuntou, ante a insistencia das preguntas dos medios sobre o caso.

"Eu sei que a sociedade española está preocupada con esta situación, porque é a verdade, pero eu creo que debemos centrarnos no importante, que é que chegar ata aquí con Tere e co equipo non foi nada fácil. Conseguir isto (a Copa do Mundo de Fútbol) é algo incrible, aínda que eu creo e entendo que neste momento estáselle dando unha magnitude máis importante quizá ao outro", declarou.

A xogadora da Selección Teresa Abelleira e o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, na Sede da Federación Galega de Fútbol
A xogadora da Selección Teresa Abelleira e o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, na Sede da Federación Galega de Fútbol | Fonte: Beatriz Ciscar - Europa Press

HOMENAXE

A campioa do mundo coa selección española de fútbol, a pontevedresa Teresa Abelleira, recibiu este xoves a homenaxe dos seus veciños nun acto organizado polo Concello de Pontevedra no Pazo de Mugartegui, ao que asistiron unha multitude de persoas.

"Non me imaxinaba isto, para nada" admitiu unha emocionada Tere Abelleira. "Está a ser un día súper bonito, súper emocionante á beira da miña familia. É un día súper feliz", engadiu.

Coa voz crebada pola emoción e "contendo a lagrimilla", a futbolista dirixiuse á cidadanía nun discurso no que agradeceu "o agarimo que recibín na outra parte do mundo". "Este recibimento de hoxe é algo que non imaxinas nunca e estou súper agradecida a cada un dos pontevedreses e pontevedresas, galegos e galegas. Grazas por dedicarme un pouquiño do voso tempo. Pontevedra é campioa do mundo e hai que celebralo", manifestou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 José Manuel Souto Lamas

Xa,xa,erros... Estes machirulos sempre dándose cobertura. A RAÑALA e D E M I T I R Selección G A L E G A, de vez