Podemos Galicia reclama á Xunta que "limpe" o deporte" do "machismo e a corrupción"

Pide a inhabilitación do Presidente da Federación Galega de Fútbol

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/08/2023 | Actualizada ás 18:33

Comparte esta noticia

O líder de Podemos Galicia, Borja San Ramón, reclamou á Xunta de Galicia "limpar o deporte de machismo e corrupción, empezando polo presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán".

Nun comunicado, San Ramón asegura que Louzán "non pode saír impune despois do seu defensa público dun acto de agresión machista", en referencia ao bico que o presidente da RFEF, Luís Rubiales, coa xogadora Jenni Fermoso tras gañar o mundial de fútbol feminino.

O dirixente morado afirmou que "tentar quitar importancia á agresión de Rubiales a unha xogadora ou aplaudir o seu discurso vergoñoso onde culpabiliza á vítima son motivos suficientes para ser considerado parte do problema"

Ademais, esixiu ao Secretario de Deportes, José Ramón Lete Lasa, a"cumprir coa lei" xa que, "estando Louzán inhabilitado para o exercicio dun cargo público, non podería presidir a Federación segundo os estatutos da mesma".

Refírese San Ramón á condena por prevaricación e fraude que pesa sobre o dirixente do fútbol galego pola concesión de varias subvencións para a construción de campos de fútbol na época na que presidía a Deputación de Pontevedra.

"Xa é hora de limpar o deporte galego de machismo e corrupción, comezando por Louzán. Cada día que segue no cargo despois de defende a quen defendeu é un novo insulto ao deporte galego, especialmente ao deporte feminino", insistiu.

Por último, reclaman á Secretaría de Deportes autonómica que se estableza un protocolo contra o acoso e as violencias sexuais no deporte, "para evitar que situacións como as ocorridas o pasado domingo volvan ocorrer".

Borja San Ramón.
Borja San Ramón. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta