Homenaxean en Celanova a catro asasinados polo franquismo en agosto do 36

Está será o domingo 3 de setembro ás 12 da mañá, e intervirán, entre outros, os familiares das vítimas.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/09/2023 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O 29 de agosto de 1936, na Poza das Ras foron tiroteados até a morte, e abandonados alí Julio González Álvarez, de 25 anos, natural de Verea e mestre en Gontán; Amadeo López Bello, de 32 anos, natural de Carballeda de Avia e mestre en Beiro; Silvio Torres Díaz, de 23 anos, natural de Ourense e veciño do Couto; e Eloy Romero Luis, de 28 anos, natural de Vilardevós. Todo isto para espallar o terror entre a veciñanza.

Lugar da homenaxe
Lugar da homenaxe | Fonte: Comité de Memoria Histórica de Celanova

O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Verea organizan este domingo, xunto coas familias, unha homenaxe a aquelas vítimas. Ademais, o Comité e o Concello de Verea anunciarán que se solicitará ao Ministerio da Presidencia a declaración, ao abeiro da Lei estatal 20/2022, da Poza das Ras como Lugar de Memoria.

O acto consistirá na homenaxe aos republicanos asasinados na Poza das Ras. Intervirán os familiares das vítimas, o alcalde de Verea, José Antonio Pérez Valado, e a presidenta do Comité, Celia Inés Feijóo Soto. O día elexido será o domingo 3 de setembro ás 12 horas da mañá na Poza das Ras, en Verea.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta