Concedidas en Galicia licencias para 214 edificacións de nova planta en maio

Segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE), sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 171 obras de rehabilitación e 28 para obras de demolición de edificios.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 31/08/2023 | Actualizada ás 12:28

Comparte esta noticia

En maio concedéronse licenzas para 214 edificacións de nova planta en Galicia, segundo un informe do Instituto Galego de Estatística (IGE). Sobre edificacións xa existentes, concedéronse licenzas para 171 obras de rehabilitación e 28 para obras de demolición de edificios. Estas licenzas permitirán construír 381 novas vivendas. O número de vivendas creadas en rehabilitación será de 66 e as vivendas a demoler serán 23.

Edificio
Edificio | Fonte: Rosa Veiga - Arquivo

A variación neta do parque de vivendas este mes foi, por tanto, positiva (424 novas vivendas). En relación ao ocorrido doce meses antes, o número de edificios a construír de nova planta diminuíu nunha unidade: 214 en maio de 2023 fronte a 215 en maio de 2022.

O número de vivendas a construír destas características aumentou en 36 unidades en relación ao rexistrado hai un ano. O número de edificios a rehabilitar é maior que o rexistrado doce meses antes: 171 en maio de 2023 fronte aos 159 de maio de 2022.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta