Rueda defende a Louzán, pide a dimisión de Rubiales e carga contra quen "queira aproveitar isto para facer política"

Di que Louzán "deixa pouca dúbida da súa opinión sobre a necesidade de dimisión do señor Rubiales".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2023 | Actualizada ás 14:33

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defendeu este xoves ao presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, lembrando que xa pediu a dimisión de Luís Rubiales polo bico non consentido a Jenni Hermoso, e cargou contra quenes "queiran aproveitar isto para facer política".

En resposta a preguntas dos medios tras a reunión do Consello da Xunta, Rueda referiuse a unha entrevista que publica este mesmo xoves La Voz de Galicia, na que Louzán "deixa pouca dúbida da súa opinión sobre a necesidade de dimisión do señor Rubiales", sentenciou o presidente galego.

Tras reiterar que a actitude de Rubiales foi "impresentable" e reclamar que "deixe canto antes as súas responsabilidades" á fronte da Real Federación Española de Fútbol, Alfonso Rueda cargou contra quenes "queiran aproveitar" a situación para "facer política" en contra de Louzán. "Para todo iso, que non conten comigo", resolveu.

Rafael Louzán
Rafael Louzán | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta