O voceiro do PP en Lugo négase a falar da casa que construíu nunha urbanización ilegal

A urbanización de Santa Mariña, no Corgo, estivo 40 anos de xeito ilegal e nela construíron vivendas destacados empresarios e políticos, entre eles, Jorge Dorribo, imputado na Operación Campeón.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 05/05/2015 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Jaime Castiñeira, voceiro do Partido Popular no Concello de Lugo e candidato á Alcaldía por esta formación política, é un dos que ten unha vivenda na urbanización de Santa Mariña (O Corgo). Unha vivenda e unha urbanización da que non quixo falar este luns ao ser preguntado no pleno do Concello de Lugo polo rexedor, Lopez Orozco. 

Jaime Castiñeira, voceiro do PP de Lugo
Jaime Castiñeira, voceiro do PP de Lugo

Esta urbanización estivo 40 anos na completa ilegalidade. Comezou sendo unha zona rural e hoxe ten 67 casas, igrexa, zona deportiva e un pazo. Foi legalizada en xaneiro do 2014, logo de tres anos de xestións urbanísticas. Até entón era o núcleo galego de maior entidade habitado de maneira irregular. 

A superficie delimitada agora como núcleo rural é de case 300.000 metros cadrados. Conta cunha superficie deportiva de 16.756 metros cadrados. No centro do pobo hai unha igrexa de orixe románico e de uso público, e próximas a ela existen catro tumbas medievais escavadas na roca, catalogadas e valadas, así como un pazo sen acabar de restaurar. Nela teñen vivenda destacados políticos e empresarios lucenses, entre eles, o imputado Jorge Dorrivo. 

Diso xa se falará no Parlamento galego”, dixo Castiñeira, que tamén é deputado na Cámara ademais de portavoz, curiosamente, de Vivenda deste partido. De feito, o PSdeG acaba de presentar unha pregunta no Parlamento galego na que lle pide á Xunta que aclare se recibiu algunha notificación ou escrito do concello de O Corgo para evitar a situación de ilegalidade das vivendas de Santa Mariña. Tamén quere saber se a súa urbanización se fixo con fondos públicos e a quen correspondeu facer estas obras.

Neste mesmo pleno, Castiñeira negouse tamén a que as súas contas e o seu patrimonio sexan fiscalizados por Vixilancia Aduaneira en resposta ó reto que lle lanzou o Alcalde, a quen lle foron analizadas polo miúdo as súas contas, as da súa muller e as súas fillas. “As miñas contas están onde teñen que estar", respostou o dirixente popular segunda informa o gabinete de comunicación do concello nun comunicado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta