Santiago prevé unha ocupación hoteleira do 86,23 % en setembro

De confirmarse, sería case un punto máis que en 2022 polas mesmas datas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/09/2023 | Actualizada ás 15:39

Comparte esta noticia

A Asociación Hostalaría Compostela prevé unha ocupación do 86,23 % para o mes de setembro, tras a enquisa realizada entre os seus locais de hospedaxe asociados. De confirmarse, sería case un punto máis que en 2022 polas mesmas datas. Os establecementos asociados, segundo informa Hostalaría Compostela, confirmaron que a ocupación real en agosto foi finalmente do 95,14 %, unha cifra superior ás previsións de comezo de mes, polas reservas de última hora.

Os enquisados resaltan a contención do gasto por parte do turista internacional e nacional, cunha rendibilidade menor para os negocios, e o crecemento do visitante procedente de Estados Unidos pero tamén de Europa, sobre todo de Portugal, Francia e Reino Unido, mentres que os nacionais procederon en agosto sobre todo de Comunidade Valenciana, Andalucía e Canarias. Tanto hoteis como restaurantes inciden na problemática durante o verán polo "deficiente" servizo de taxis, que ocasionou, aseguran, "numerosos conflitos".

Hotel Rua Villar en Santiago
Hotel Rua Villar en Santiago | Fonte: Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta