Os videoxogos chegan á 28ª edición do OUFF coa nova sección 'OUFF Game Sessions'

Catro profesionais e docentes especialistas en videoxogos participarán neste foro "que quire pór de manifesto o valor destes produtos audiovisuais como medio de expresión artística e como ferramenta audivisual para transmitir e contar historias".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2023 | Actualizada ás 19:58

Comparte esta noticia

A 28º edición do OUFF lanza unha nova sección enfocada nos videoxogos, a OUFF Game Sessions, coa que pretenden "mostrar o potencial da industria do videoxogo e a súa relación co sector audiovisual".

Segundo explicaron nun comunicado, a aposta estrutúrase, por unha banda, no Foro 'Videoxogos, a nova narrativa audiovisual'. Alí, catro profesionais e docentes especialistas en videoxogos participarán neste foro "que quire pór de manifesto o valor destes produtos audiovisuais como medio de expresión artística e como ferramenta audivisual para transmitir e contar historias".

A narrativa, argumentan, é o eixo dun foro que parte do feito de que os videoxogos son os produtos de lecer audiovisual máis consumidos e que servirá tamén como espazo de reflexión e análise sobre a industria en Galicia e o talento local.

A outra parte da xornada será unha entrega de premios, con catro galardoes dirixidos a estudos e profesionais de Galicia: Mellor videoxogo --cun premio de 800 euros e trofeo conmemorativo--, mellor narrativa, mellor arte e proposta máis innovadora, con 400 euros e trofeo cada un deles.

Os premios serán outorgados por un xurado conformado por tres profesionais do mundo do videoxogo galego, audiovisual, medios de comunicación e cultura, que non poderán declarar empates nin categorías desertas. Poderán, con todo, facer mencións honoríficas para as propostas destacadas, aínda que sen contía económica.

O domingo 1 de outubro é a data escollida para a estrea desta sección do festival --o certame celébrase entre o 29 de setembro e o 8 de outubro--. As bases poden consultarse en ouff.org e o prazo de participación acaba o 25 de setembro. Os interesados poden inscribirse en ouffgames@gmail.com

Cartel da OUFF Game Sessions. OUFF
Cartel da OUFF Game Sessions. OUFF | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta