Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/09/2023 | Actualizada ás 14:05
Un condutor faleceu este domingo ao saírse da vía tras sufrir unha indisposición en Silleda. Segundo informou o 112, o suceso ocorreu na parroquia silledense de Dornelas e os servizos de emerxencias indicaron que o falecido sufriu unha indisposición previa ao accidente.
Eran as 11,15 horas cando o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 púxose en contacto co 112 Galicia para informar do ocorrido, que un coche sufrira unha saída de vía no desvío a Dornelas da estrada xeral de Silleda.
A Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Silleda desprazáronse rapidamente ao lugar, así como o helicóptero medicalizado con base en Santiago, que foi mobilizado polos servizos sanitarios. A pesar dos esforzos por reanimar ao home, o persoal médico acabou confirmando o seu falecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.