Pepe Viyuela encheu o Auditorio de Verín

Aconteceu o pasado sábado, 9 de setembro, co pase da súa obra 'Encerrona' no marco do Festival de Curtametraxes FIC Vía XIV.

Por Galicia Confidencial | Verín | 11/09/2023 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Segundo trasladan fontes da organización referíndose á actuación do actor e clow Pepe Viyuela"trátase da segunda vez que o Auditorio Municipal completa o seu aforo na súa historia cunha actividade deste perfil" --a anterior acontecera coa visita de Luis Zahera--.

Pepe Viyuela nun momento da actuación. Foto: FIC Vía XIV.
Pepe Viyuela nun momento da actuación. Foto: FIC Vía XIV.

"O protagonista vive a experiencia de queda atrapado nas táboas á hora de entrar na escena posto que non sabe onde se está a meter. Entón atópase co público. El non vén actuar, pero vese obrigado a iso", así reza a sinopse deste pase tan exitoso no Auditorio da vila do Támega.

Esta actuación formaba parte da programación do festival que se está a desenvolver en Verín ata o vindeiro 17 de setembro, programa que se pode seguir ao detalle na web do evento e que ademais dos pases dos traballos audiovisuais, inclúe unha extensa proposta de actividades paralelas: música, obradoiros, podcast, exposicións, etc.

Dentro da axenda do FIC Vía XIV 2023, este luns 11 de setembro o Auditorio acolle a actividade Foco local, un espazo concibido para que diferentes creadores e creadoras de Verín expoñan as súas pezas e debatan sobre elas.

En Foco local, poderan visionarse os traballos Mar en silencio, de Daniel Dapía, e A laranxa completa, de Iris Justo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta