Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 11/09/2023 | Actualizada ás 15:22
Un ciclista foi localizado inconsciente cando circulaba por Salcedo, en Pontevedra, sobre o mediodía deste luns. Segundo informa o 112, recibíronse varias chamadas de alertantes que indicaban que atoparan a un ciclista inconsciente no chan.
Así, foron mobilizados efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Pontevedra, Policía Nacional e Local, da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil de Pontevedra. Cando chegaron ao lugar, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.