Pode Galicia sufrir un terremoto das características do de Marrakech?

A resposta estadística sería non, pero o certo é que os movementos das fallas son incontrolables e na nosa terra contamos coa elevación da cordilleira Cantábrica e coas montañas do Barbanza, demostración de que baixo o noso chan pasan cousas.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO | 14/09/2023 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Tras o terremoto ocorrido en Marrakech, medio mundo comeza a preocuparse pola ameaza que supón o movemento das placas tectónicas para a súa vida. Inesperado, enormemente forte e, sobre todo, devastador. Estes son os tres calificativos que mellor poden definir ao sismo de magnitude 6,8 que azotou Marrocos o pasado venres. Nunca antes na zona se rexistraran terremotos de tal forza. Ao igual que nunca antes en Galicia se rexistraron terremotos superiores a 5,1, sendo os máis habituais os pequenos movementos de entre 1 e 3. Pero, quen sabe o que pode suceder nun futuro?

Terremotos rexistrados en Galicia nos últimos 30 días
Terremotos rexistrados en Galicia nos últimos 30 días | Fonte: IGN

En Marrocos, a responsable última deste sismo é a falla Atlas Sur, da que se coñece a súa existencia, pero que non estaba previsto que puidese ser a responsable de terremotos superiores a magnitudes de 6,4. Alí estivo o seu epicentro, a 71 kilómetros de distancia de Marrakech. Neste punto as placas tectónicas nas que se atopan os continentes de Europa e África colisionan. De feito, esa frición aínda a día de hoxe segue impulsando ás montañas do Atlas cara arriba. Con todo, a actividade das placas é lenta, non subindo máis de 4 milímetros por ano. Por iso o terremoto foi unha sorpresa.

Para facerse á idea da súa potencia, deixouse sentir en España en puntos de Andalucía, Castela-A Mancha, Estremadura, Canarias, Ceuta e Melilla. Pero é importante, neste punto, diferenciar a intensidade dun terremoto da súa magnitude. A magnitude ben definida pola enerxía que libera, que non ten límites, e é medida polos sismógrafos. Sen embargo, a intensidade ven dada os danos que provocan os terremotos e o sentir das persoas, e pode traducirse como a súa capacidade de devastación, que dependerá, principalmente, da resistencia das construcións da zona (escasa no caso de Marrakech) e da profundidade á que se rexistre. En Marrocos o epicentro localizouse a 18,5 kilómetros.

En Galicia, o terremoto máis grande que se viviu desde que hai rexistros sucedeu hai 26 anos, o 22 de maio de 1997, en Baralla e Becerreá (zona cero), e acadou unha magnitude de 5,1. Cabe recordar que o terremoto máis recente en España que recordamos é o de Lorca, en Murcia, que no 2011 causou unha importante devastación. A súa magnitude foi igualmente de 5,1. E ata a data, só dous terremotos en España superaron a magnitude 7 na escala Ritcher: un en Dúrcal, en Granada, en 1954, e outro no Cabo de San Vicente, en 1969. E se a zona máis sísmicamente activa de toda a Península é o sur, dende Huelva ata a Alicante, por que temos terremotos en Galicia.

TRIACASTELA, BECERREÁ, LAZA E XINZO: ZONAS MÁIS DELICADAS EN GALICIA

Terremoto de Marrocos, danos
Terremoto de Marrocos, danos | Fonte: E.P. - Ximena Borrazas - Arquivo

En xeral, estes fenómenos explícanse pola elevación da cordilleira Cantábrica, que surca a zona oriental da comunidade, é dicir, parte das provincias de Lugo e Ourense. Tamén as montañas do Barbanza son motivo de levantamentos da corteza terrestre que dan lugar a pequenos sismos de cando en vez. Pero as zonas máis conflitivas, sen dúbida, son os concellos de Triacastela e Becerreá, en Lugo; e de Laza e Xinzo, en Ourense. É por culpa delas que Galicia está obrigada a día de hoxe a cumprir a norma de construción sismoresistente do 2002. 

Segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional (IGE), nos últimos 30 días houbo un total de 17 terremotos en Galicia. Os máis importantes foron os rexistrados nos concellos de Vimianzo (de magnitude 2,2 e unha profundidade do epicentro de 18 quilómetros) e Laxe (tamén de 2,2 cun epicentro a 9 quilómetros de profundidade). No medio das augas galegas no Atlántico, fronte á costa da Coruña, houbo un sismo de magnitude 2,5 (cun epicentro a 7 kilómetros de profundidade). O resto, na súa maioría, rexistraron magnitudes menores de entre 1,5 e 1,8 na escala Ritcher.

A ESCALA RITCHER NON É LINEAL, É EXPOÑENCIAL

A escala Ritcher é importante entendela como foi concibida. O que quere dicir que aínda que en Galicia vexamos que os terremotos máis fortes sentidos no último mes tiveron unha magnitude de 2,2, case cinco puntos por debaixo do rexistrado en Marrocos, o paso dunha magnitude a outra nesta escala non é lineal, senón expoñencial. Cada aumento dunha unidade na escala representa un aumento de dez veces na magnitude dun terremoto e cada aumento é unha liberación de 31 veces máis enerxía que o número anterior. 

Así, os sismos que están entre 1 e 2,9 na escala Ritcher, son microterremotos, os máis habituais en Galicia, que os sismógrafos sinten pero habitualmente as persoas non. Mentres que os de 6 a 6,9 considéranse fortes e crean danos moderados en áreas poboados, sempre e cando as construcións estén preparadas para o seu impacto, algo que non sucedía en Marrakech. De 7 a 7,9 o sismo é forte e provoca danos maiores e mesmo mortes. Mentres que de 8 en diante provoca grandes perdas de vidas e unha destrución total.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Ferroviario

A Cordilleira cantábrica non chega a Galicia. Eiquí, a súa prolongación serían os Ancares e o Caurel