Apoio á formación de mulleres desempregadas do rural para acceder a empregos "verdes"

O prazo de inscrición no programa formativo permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2023 | Actualizada ás 15:37

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia apoia a formación de mulleres desempregadas do rural para acceder a empregos "verdes" mediante o programa formativo 'Impulsa Emprego Verde', destinado a mellorar a cualificación destas mulleres (principalmente residentes en núcleos rurais) para que accedan a oportunidades laborais no ámbito da economía sustentable.

O prazo de inscrición no programa formativo permanecerá aberto ata o próximo 2 de novembro. A actividade de formación en liña é dunha duración de 32 horas está promovida pola Fundación Santa María a Real e apoiada pola Xunta de Galicia. Segundo explican nun comunicado, promoven talleres e itinerarios personalizados para que as beneficiarias adquiran habilidades de face a ocupar novos postos de traballo vinculados coa economía verde.

Bríndaselles así, destacan, formación en liña e gratuíta a través de sesións grupales, asesoría individual e webinarios profesionais. Poden participar nesta iniciativa mulleres en desemprego de 18 a 65 anos que residan, principalmente, en zonas rurais. Indican ademais que Galicia foi unha das tres comunidades escollidas este ano para celebrar esta actividade. 'Impulsa Emprego Verde' identifica as necesidades formativas relacionadas co emprego verde para mellorar a procura de emprego en sectores con maior proxección profesional.

Imaxe de arquivo dun campo no rural galego
Imaxe de arquivo dun campo no rural galego | Fonte: Xunta.gal - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta