Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/09/2023 | Actualizada ás 11:35
A Consellería de Sanidade recibiu as primeiras 10.900 doses do anticorpo monoclonal do Virus Respiratorio Sincitial (VRS) coas que, desde o próximo 25 de setembro, empezará a inmunizar a todos os nenos e nenas que nazan nos centros hospitalarios galegos. Así, recollen nun comunicado, de acordo á poboación diana de cada área sanitaria, o almacén da Cooperativa Farmacéutica do Noroeste (COFANO) de Pereiro de Aguiar, empezará a realizar a distribución destas novas doses aos seus almacéns provinciais para, a continuación, trasladalas aos centros sanitarios galegos.
Ademais de aos neonatos, o departamento sanitario da Xunta citará tamén entre os días 2 e 15 de outubro a aqueles nenos nados desde o pasado 1 de abril de 2023. Doutra banda, as sete áreas sanitarias galegas convocarán, tamén desde o 25 de setembro, aos nenos prematuros (nacidos desde o 1 de outubro de 2021), e aos nenos de alto risco (cardiopatías, displasia broncopulmonar, etc.) con menos de 24 meses. Prevén que se lle adminsitre o anticorpo do VRS a máis de 15.000 nenos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.