O proxecto “O Devalo do Monte” reúne catorce fotógrafos en Pontevedra en defensa do monte galego

O proxecto fotográfico busca a defensa dos montes Cábado e Montouto ameazados pola instalación de varios parques eólicos.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 19/09/2023 | Actualizada ás 13:40

Comparte esta noticia

O Teatro Principal de Pontevedra acolle este martes 19 de setembro a presentación do catálogo das fotografías reunidos no proxecto “O Devalo do Monte” ás 20:00. O acto contará coa presenza do naturalista Joaquín Araujo que impartirá unha palestra. A continuación haberá un coloquio con algúns fotógrafos e fotógrafas participantes e membros dos colectivos implicados.

Monte Cádabo
Monte Cádabo | Fonte: Wikiloc

Trátase dun proxecto de artivismo que une arte coa acción social “en defensa da natureza e o monte galego”. A primeira acción deste proxecto foi deseñada en defensa dos montes Cábado e Montouto nos concellos de Campo Lameiro, A Estrada, Cuntis e Cerdedo, na provincia de Pontevedra. Estes montes están ameazados pola instalación de varios parques eólicos.

Durante o verán do 2023 o Concello de Pontevedra colaborou realizando unha exposición na rúa Daniel de la Sota coas fotos realizadas durante esa acción e na edición do catálogo que reúne todas as fotografías.

Os fotógrafos e fotógrafas que participaron son: Cristina Abilleira, Anxo Cabada, Carla Andrade, Rosa Neutro, Julio Eiroa, Mónica Vilas, Elena Buch, Miguel Riopa, Damian Porto, Pablo Camba, Ángel Araujo, Judith Adataberna, Eva Díez e Adrián Vilas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta