Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 21/09/2023 | Actualizada ás 18:30
A Deputación da Coruña elaborará un mapa das mulleres do mar na provincia, segundo informa coincidindo coas axudas achegadas ao colectivo e tras unha reunión na institución provincial. A deputada de Industria, Empresa, Medio Ambiente, Emprego e Política Demográfica, Rosa Ana García, mantivo un encontro con representantes do sector, entre elas da asociación de rederas de Malpica e tamén de membros da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca.
No encontro, con entrega de material para o desenvolvemento do traballo, destacou "a importancia do traballo das mulleres para o sector pesqueiro galego e da provincia da Coruña, que achega un valor fundamental ao sector no seu conxunto". No acto, informouse da elaboración por parte da Deputación do citado mapa, unha ferramenta virtual que mostrará a localización das mulleres e os distintos perfís profesionais que existen en cada área costeira onde se desenvolvan actividades pesqueiras, sendo a primeira iniciativa deste tipo no territorio.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.