A CIG reclama un "estudo de necesidades" no sistema educativo para a Xunta cubra vacantes de docentes

O goberno debe "facer atractivao" o labor docente: "E iso pasa por mellorar as nosas condicións laborais, que nos últimos anos sufriron unha deterioración continuada".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2023 | Actualizada ás 16:05

Comparte esta noticia

A CIG-Ensino solicita á Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades que faga "un estudo de necesidades" nos centros co obxectivo de dotalos de persoal suficiente e poder contar con profesores que cubran vacantes en determinadas especialidades.

Iso si, tal e como advirte o sindicato maioritario a través dun comunicado, "o primeiro que precisa" a Xunta é "facer atractivo" o labor docente: "E iso pasa por mellorar as nosas condicións laborais, que nos últimos anos sufriron unha deterioración continuada".

CIG-Ensino reclama así "solucións" para a "falta de profesorado nalgunhas listas". Segundo os seus datos, durante as dúas primeiras semanas do novo curso xa hai problemas para cubrir substitucións e interinidades en especialidades como Sistemas e Aplicacións Informáticas, con nove vacantes cando só hai "dúas persoas libres" na lista.

Xunto a esta, o sindicato menciona outros sectores con "poucas persoas" para facer substitucións, como Informática ou Mecanizado e Mantemento de Máquinas. Por todo iso, ademais de solicitar ese estudo de necesidades, a CIG reclama á Consellería que "acelere os trámites" para resolver as listas que se abriron o pasado 21 de agosto.

Arquivo - Rolda de prensa do secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello. CIG - Arquivo
Arquivo - Rolda de prensa do secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello. CIG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta