Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/09/2023 | Actualizada ás 20:21
A comunidade de senegaleses manifestáronse este domingo en Ourense para pedir a liberdade de Ousmane Sonko, o líder da oposición do seu país para "preservar a democracia".
Así o explicou a Europa Press, o enegalés afincado en Ourense, Mansour Wade. "Vemos como a democracia está a volver moi atrás nos últimos anos e non queremos que isto siga pasando", lamentou.
Na manifestación portaron carteis coa imaxe de Ousmane Sonko e nos que pedían a súa liberdade. Ademais, nalgún se podía ler que 'son máis de 1.500 detidos políticos en Senegal'. A ONU tamén tivo unha chamada de atención e é que nunha das pancartas líase 'non á indiferenza da ONU da UE sobre os crimenes de Macky Sall'
Pola súa banda, Wade fixo referencia á chegada de pateras con inmigrantes ás costas Españolas e doutros países de Europa que son "o resultado dunha mala xestión". Desta forma, indicou que "ten unha esperanza" no líder da oposición xa que coñece as realidades do país e cando se fixo opositor tentárono " eliminar politicamente" co uso da xustiza como escusa.
"O que tentaron facerlle foi acusalo de violación sobre unha moza e iso non prosperou e agora acúsano de tentativa de golpe de estado a alguén que é un civil", detallou. Un feito que tachou "un sen sentido". Por iso, queren que haxa democracia, que non se encarcere a xente só por ser opositor, non queren que se persigan a xente por ser activistas ou por manifestarse por reclamar os seus dereitos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.