O neofascismo avanza na Arxentina

Mentres en Latinoamérica predominan os gobernos progresistas: Brasil, Chile, Venezuela, México, Honduras, a Cuba revolucionaria e os recentes triunfos electorais en Guatemala e Ecuador, a Arxentina sofre un proceso de retroceso democrático.

Por Lois Pérez Leira | Bos Aires | 27/09/2023

Comparte esta noticia
Os catro anos do goberno de Alberto Fernández non lograron instalar un goberno ilusionador. Un mal acordo co Fondo Monetario Internacional, unha inflación descontrolada, altos niveis de pobreza, que crearon o caldo de cultivo das posicións de dereita ou neofascistas. Dúas organizacións políticas  Xuntos polo Cambio e  A Liberdade  Avanza dispútanse este espazo, que promete descaradamente,  máis dependencia económica, privatizacións, políticas neoliberais e represión aos sectores críticos. Ao sistema non lle alcanza líderes reaccionarios como Patricia Bullrich axente israeli ou o ex presidente  Mauricio Macri. O sistema e os medios de comunicación  hexemónicos crearon un pequeno monstro chamado  Javier Milei, que gañou as recentes eleccións internas denominadas Paso, previas  ás eleccións xerais do mes de outubro.
 
O fenómeno “Milei” é un tema instalado artificialmente  na sociedade. Cun discurso fascista, de promesas inviables, de crítica á partidocracia ou a Caste, como lle gusta denominar.  Calou en sectores desilusionados, na mocidade, mesmo, entre os traballadores. Esto mesmo pasou en Francia cando Le Pen desprazou nos cordóns industriais -que eran bastións comunistas - gañando a este sector, para as propostas neofascistas. Javier Milei propón unha Arxentina neoliberal. Se autodenomina libertario e é crítico do intervencionismo estatal na economía. Avoga por reducir o tamaño e alcance do estado. É partidario de eliminar o Banco Central e adoptar unha moeda libre, como o bitcoin. Cre que o estado non debería controlar a política monetaria.
 
Quere privatizar empresas estatais e reducir drasticamente impostos e regulacións. Apoia políticas de libre mercado. Tamén se opon á legalización de certas drogas. En política exterior, é anticomunista, promete romper relacións con China, Brasil e os países comunistas.
 
Propuxo privatizar Aerolíneas Arxentinas, bancos e outras empresas públicas. Tamén disolver o Banco Central e eliminar o peso para adoptar moedas dixitais. No social maniféstase contra o aborto, a eutanasia e a favor da tenencia de armas. Está en contra da "ideoloxía de xénero". Tamén apoia a venda de órganos.
 
Usa unha linguaxe confrontativo e polémico, apelando ao anoxo coa "caste política".  O kirchnerismo presenta a Sergio Massa por Unión pola Patria,   un candidato social- liberal, moi ligado á embaixada norteamericana. Doutra banda Massa é o actual Ministro de Economía, que non puido resolver os problemas estruturais da economia arxentina.
 
A clave deste proceso electoral é o voto dos que se abstiveron nas Paso, que son varios millóns de votantes. Unha das incógnitas das eleccións é o nivel de presentismo. Aínda que o voto é obrigatorio na Arxentina, o nivel de concorrencia ás urnas adoita ser equivalente ao de países como España, onde é optativo: ao redor do 77 por cento do electorado..
 
O fenómeno das opcións neofascistas son parte das políticas dos EEUU. Crear artificialmente candidatos como Jair Bolsonaro, no Brasil; Guillermo Lasso, en Ecuador; Silvio Berlusconi e Meloni en Italia; Le Pen en Francia;  Volodímir Zelenski, en Ucraína etc.
 
O neofascismo con epicentro en Europa creceron electoralmente, como o caso Vox, no Estado Español. Quen promoveu o Foro de Madrid  e a elaboración da  Carta de Madrid, de loita contra o comunismo. A mesma está asinada pola Arxentina entre outros por Javier Milei e José Luis Espert.
 
Mentres as esquerdas non lograron un marco de coordinación mundial,  a dereita reaccionaria tenta organizar unha internacional negra ou parda-como lla denominaba na época da Alemaña nazi-, co apoio activo do imperialismo norteamericano. En Galicia os intentos de facer pé no noso país, fracasaron. Este electorado  está representado polo Partido Popular, que nuclea un amplo abanico de posicións de dereita, mesmo aos neofascistas.

O ultradereitista da Arxentina Javier Milel
O ultradereitista da Arxentina Javier Milel | Fonte: LPL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.