O Foro Económico advirte dunha desaceleración económica no segundo semestre do ano

O Indicador medra un 2,7% en termos interanuais no mes de xullo, pero comezará a empeorar en setembro.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/09/2023 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O Indicador Abanca-Foro de Conxuntura Económica de Galicia rexistrou no mes de xullo un incremento interanual do +2,7%. Este valor supón un aumento dunha décima con respecto ao mes de xuño e un punto e medio (+1,5%) sobre o valor de xaneiro.

Imaxe dun barco con mercadorías con productos para as importacións e exportacións
Imaxe dun barco con mercadorías con productos para as importacións e exportacións | Fonte: EP

Se ben, o indicador prevé que o valor para agosto será tamén positivo, existen factores que levan a pensar que axiña se chegará ao pico máximo na taxa interanual de crecemento e que o segundo semestre será, no seu conxunto, algo peor que o primeiro.

No que atinxe á evolución individual das variables recollidas no Indicador cómpre destacar o comportamento das afiliacións á Seguridade Social, cun incremento superior ao 2%, que se sitúa como a variable cun crecemento relativo máis elevado. En sentido contrario, salienta desfavorablemente o comportamento do transporte marítimo de mercancías (cargadas e descargadas) que sofre un drástico descenso en termos interanuais no mes de xullo superior ao 20%.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta