As denominacións de orixe vitivinícolas de Galicia achegan o 1,9 % do PIB e o 2,1 % do emprego nas súas zonas

O valor económico da produción de viño nas cinco DOP ascende a 258,4 millóns de euros, "achegando un valor engadido bruto de 163,9 millóns de euros e creando 2.858 postos de traballo directos", sinala a Fundación Juana de Vega.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 27/09/2023 | Actualizada ás 17:57

Comparte esta noticia

As Denominacións de Orixe vitivinícolas de Galicia achegan o 1,9 % do PIB e o 2,1 % do emprego nos seus territorios, segundo un estudo da Fundación Juana de Vega que analiza o peso do cinco denominacións de orixe no ámbito da súa influencia. O valor económico da produción de viño nas cinco DOP ascende a 258,4 millóns de euros, "achegando un valor engadido bruto de 163,9 millóns de euros e creando 2.858 postos de traballo directos", sinala a Fundación.

O informe constata, ademais, que a produción de viño en Galicia "é moi inferior á demanda interna aínda que a situación tendeu a mellorar na última década". No mesmo analízase a contribución macroeconómica xerada polas explotacións vitícolas e as adegas a través de tres variables: produción, valor engadido bruto (VEB) e emprego.

"Facendo fincapé na achega das cinco Denominacións de Orixe Protexidas Vitivinícolas de Galicia (Monterrei, Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras) á economía dos seus respectivos territorios", explican desde a Fundación. Ademais, precisan que "debido á ausencia de datos estatísticos específicos sobre este subsector, o estudo limita os cálculos á viticultura e á industria vitivinícola tomando como referencia máis dunha ducia de fontes autonómicas e nacionais entre os anos 2008 e 2022", engade.

Un home traballa na vendima
Un home traballa na vendima | Fonte: Rosa Veiga -

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta