Ratifican a anulación de licenza para a gasolineira de Brandía, en Santiago

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/10/2023 | Actualizada ás 15:54

Comparte esta noticia

A sección segunda da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou os recursos de apelación interpostos por Carburantes Lugo e o Colexio de Arquitectos de Galicia contra a sentenza que anulou a licenza da gasolineira de Brandía, en Santiago.

Nun fallo con de o 29 de setembro e do que informou este mércores o alto tribunal galego, os maxistrados desestiman os recursos presentados contra a sentenza ditada en novembro de 2022 polo Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

En concreto, esta anulaba a resolución da Xunta de Goberno Local pola que se concedeu licenza para a construción dun edificio comercial con unidade de subministración de carburantes en Brandía.

"Se o proxecto da arquitecta debeu ser complementado é porque resultaba insuficiente en por si e, sendo así, só podería ser completado por un profesional coa habilitación suficiente que, como advertimos na sentenza transcrita polo xuíz de instancia -confirmada polo Tribunal Supremo- un enxeñeiro técnico non o é, polo que, en definitiva, imponse a desestimación dos recursos e a confirmación da sentenza de instancia", explica o TSXG.

A sentenza non é firme, pois contra ela cabe presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo.

Sede do TSXG
Sede do TSXG | Fonte: Xunta - Arquivo

O CONCELLO ESTUDARÁ A EXECUTABILIDADE

O Concello de Santiago informou de que estuda a "executabilidade" do fallo que anula a licenza da estación de carburantes de Brandía e que o departamento de Urbanismo espera polo informe da asesoría xurídica para adoptar as medidas que determine.

Nun comunicado, o Consistorio lembra que leste mesmo mércores coñeceuse que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza de derriba da gasolineira, ao desestimar o recurso presentado polo Concello, Carburantes Lugo e o Colexio de Arquitectos contra a resolución de primeira instancia ditada polo Xulgado dos contencioso-administrativo número 1 de Santiago de Compostela.

A efectos prácticos, sinala, isto significa que a licenza para a construción da estación de carburantes de Brandia queda anulada por esta sentenza. Ademais, explica que se a sentenza convértese en firme, a consecuencia da nulidade é a derriba dos construído.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta