Por Galicia Confidencial | Cambados | 26/05/2015 | Actualizada ás 23:45
Os oitos concelleiros do PP son insuficientes para gobernar se hai acordo entre as outro catro forzas. PSOE (3 concelleiros), Bloque (3 concelleiros), Participación Democrática Directa (PDDDG) (1) e Cambados Pode (1) suman un máis que os conservadores.
Este martes Cambados Pode denunciou presións para non coaligarse coas outras forzas e facilitar que o PP siga no poder. "Dende Cambados Pode queremos denunciar que algúns miembros do noso partido politico estan a sufrir amenazas anonimas para que fagamos a coaliccion co Partido Popular, tan valientes que nin a cara dan" alerta este partido político nun comunicado.
As ameazas, anónimas, parece que non van xurdir efecto, pois Cambados Pode tamén fai unha proclama da súa autonomía: "queremos facer publica tales fechorias para que a xente de Cambados vexan a clase que teñen no Partido Popular cas suas artimañas para gañar a alcaldia, dende aqui decirlles tamen que con amenzas con nos non van a poder, que vivimos nun pais libre, democratico e nós e solamente nós tomaremos a decision que vexamos mais correcta".
Un pacto con Cambados Pode, cuxo cabeza de lista é José Ramón Abal, é a única esperanza do PP para manter o poder. PSOE e BNG xa confirmaron a nivel nacional que nunca facilitarán unha alcaldía conservadora e o PDDDG é unha iniciativa cidadá de esquerdas, xurdida do proceso Somos Maioría, que en teoría tampouco se vai a sentar a dialogar cos conservadores.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.