Tres persoas resultan feridas ao caer por un desnivel o coche no que viaxaban, en Sada

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/10/2023 | Actualizada ás 10:41

Comparte esta noticia

Tres persoas resultaron feridas e tiveron que ser evacuadas a un centro hospitalario tras saírse da vía o coche no que viaxaban en Sadae caerse por un desnivel, informou o CIAE 112 Galicia.

Así, o accidente ocorreu á primeira hora da mañá deste venres, e foi un dos implicados o que contactou con Emerxencias para explicar que sufriran un sinistro na N-V, ao seu paso polo polígono Espírito Santo, na parroquia sadense de Soñeiro.

O alertador explicou que había tres persoas que viaxaban no vehículo accidentado e que necesitaban asistencia médica, e o 112 Galicia deu a alerta a Urxencias Sanitarias-061, Garda Civil de Tráfico, bombeiros de Betanzos, Policía Local e servizos de mantemento da vía.

Cando os bombeiros chegaron, observaron que unha das persoas feridas no accidente aínda estaba no interior do coche, e axudárona a saír, aínda que non foi necesario o uso de equipos de excarceración.

Un equipo de excarcelación dos bombeiros
Un equipo de excarcelación dos bombeiros | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta