Falece unha muller de 95 anos tras ser atropelada nun paso de peóns en Cuntis

É a avoa do alcalde de Moraña.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 16/10/2023 | Actualizada ás 11:34

Comparte esta noticia

Unha muller de 95 anos de idade faleceu nas últimas horas tras ser atropelada na tarde noite do domingo no centro urbano de Cuntis. O sinistro ocorreu sobre as 20,30 horas no punto quilométrico 216 da estrada N-640, en sentido Vilagarcía, no termo municipal de Cuntis, e un particular alertou ao 112 Galicia do ocorrido.

O CIAE 112 explicou que interviñeron efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, persoal sanitario da PAC de Caldas, Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Cuntis e o GES da Estrada.

Fontes dos servizos de emerxencia municipais confirmaron a Europa Press que a muller, que é a avoa do alcalde de Moraña, estaba a cruzar a estrada por un paso de peóns á beira do seu domicilio, pero o condutor que pasaba nese momento (e que deu negativo na proba de alcoholemia) non a viu e arroiouna.

A muller foi trasladada a un centro hospitalario en ambulancia, pero faleceu pouco despois, confirmaron fontes municipais.

Atropelo mortal a unha muller de 95 anos de idade, cando cruzaba un paso de peóns na N-640 en Cuntis
Atropelo mortal a unha muller de 95 anos de idade, cando cruzaba un paso de peóns na N-640 en Cuntis | Fonte: Cuntis - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta