A ponte do Pilar péchase con dous mortos nas estradas galegas: un peón en Cuntis e unha condutora en Carballo

A festividade saldouse cun total de 14 accidentes mortais nas estradas españolas nos que faleceron 14 persoas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO | 16/10/2023 | Actualizada ás 13:04

Comparte esta noticia

A ponte do Pilar 2023 saldouse con 14 accidentes mortais nas estradas españolas nos que faleceron 14 persoas. Dous dos falecidos rexistráronse en Galicia: unha muller de 95 anos atropelada o domingo no centro urbano de Cuntis e outra muller nun accidente ocorrido o domingo en Carballo.

Do total de falecidos no país, oito eran usuarios vulnerables: cinco motoristas, dous ciclistas e un peón. En 2021, o último comparable por número de días festivos, 21 persoas morreron nas estradas españolas. Precisamente, a Dirección Xeral de Tráfico (DGT) fixera un chamamento especial esta ponte aos usuarios das motos, despois de que a fin de semana anterior nove dos once falecidos en sinistro de tráfico fosen motoristas.

Segundo os datos publicados este luns pola Dirección Xeral de Tráfico, entre as 15.00 horas do mércores 11 e as 00.00 horas do luns 16 de outubro, producíronse 14 sinistros mortais, 12 dos accidentes en vía convencional e dous en autoestrada ou autovía. Entre os sinistros houberon cinco saídas da vía, catro choques e un atropelo a peón.

Os sinistros tiveron lugar en Malagón (Cidade Real), Carballo (A Coruña), Pedret i Marzà (Xirona), Lepe (Huelva), Camarasa (Lleida), Guadalix de la Sierra e Villaconejos (Madrid), Murcia (Murcia), Peñamellera Alta (Asturias), Cuntis (Pontevedra), Garcibuey (Salamanca), Honrubia de la Cuesta (Segovia), Buñol e Canet d'En Berenguer (Valencia).

A xornada de maior sinistralidade foi a do domingo, coincidindo coa operación retorno, cando cinco persoas perderon a vida. Séguelle o xoves, día da Festa Nacional do 12 de outubro, con catro mortos nas estradas. O venres e o sábado morreron dúas persoas cada día, e o mércores, unha. Finalmente, no acumulado anual ata o 15 de outubro levan contabilizados 896 falecidos, dos cales 54 morreron no que vai de outubro. Ata o 31 de outubro de 2022 un total de 949 persoas faleceran nas estradas españolas.

Atropelo mortal a unha muller de 95 anos de idade, cando cruzaba un paso de peóns na N-640 en Cuntis
Atropelo mortal a unha muller de 95 anos de idade, cando cruzaba un paso de peóns na N-640 en Cuntis | Fonte: Cuntis - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta