Por Galicia Confidencial | Galicia | 11/07/2008 | Actualizada ás 10:57
Este novo modelo, a pesar de estar consensuado no seo do goberno, non remata coas dúbidas que existen sobre o complexo cultural. Tampouco convence a moitos dos que estiveron presentes nos distintos "comités de sabios" que puxo en marcha a Consellería de Cultura para tratar de darlle sentido aos contidos dos distintos edificios.
Son moitas as incognitas que se plantexan. Servirá para algo o traballo destes sabios ou será a nova fundación a que se encargue de todo?. Que papel terá a Xunta cando a súa porcentaxe é do 49% e xa ten invertidos 400 millóns no proxecto?. Por que, tal e como acontece no concurso eólico, son tantas as empresas galegas con interese en estar presentes nesta fundación cando foron moitos os poderes económicos e mediáticos que se amosaro contrarios a esta obra?. Son dúbidas que teñen respostas diferentes se quen contesta é unha ou outra formación do bipartito.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.