Por GC Emprende | A Coruña | 05/06/2015 | Actualizada ás 09:00
Abanca acaba de lanzar un novo préstamo exprés, o denominado "Préstamo 24 horas" destinado ao consumo polo que se compromete cos seus clientes a resolver nun día a súa solicitude e que permite, no caso da compra dun vehículo, aprazar até seis meses o inicio do pago de cotas. Desta forma, se a entidade incumpre o compromiso de resposta en 24 horas, compensará economicamente ao cliente, informan fontes de Abanca.
Este produto incorpora unha versión, denominada "Auto", para financiar tanto a compra de vehículos novos como de ocasión cun tipo de interese que pode bonificarse até o 6,95% e ofrece ao cliente carencia inicial, tanto de capital como de intereses, o que lle permite aprazar até seis meses o pago de cotas.
Ademais da axilidade, o novo préstamo, di Abanca, "caracterízase pola transparencia", pois cando o cliente solicita o financiamento entrégaselle un documento que especifica as condicións detalladas do produto e unha "carta de servizo" co compromiso da entidade de responder á súa solicitude, como máximo, nun día laborable.
O importe do préstamo varía entre os 3.000 e os 50.000 euros, a devolver nun prazo que pode oscilar entre os 6 e os 96 meses, e segundo o tipo de vinculación que teña o cliente coa entidade, o interese podería baixar até o 7,75%.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.