PP, BNG e PSOE de Pontevedra condenan a "violencia" de Hamás e os "actos de terror" de Israel en Gaza

Houbo varias enmendas dos grupos para que propserara a iniciativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/10/2023 | Actualizada ás 19:43

Comparte esta noticia

O pleno do Concello de Pontevedra aprobou, cos votos do tres grupos -PP, BNG e PSOE- unha moción impulsada polos populares e que, tras as emendas incorporadas, frutificou nun texto no que se condena a "violencia" de Hamás nos atentados en Israel e os "actos de terror" sobre a poboación civil palestina.

"Pontevedra non pode ser inmune a este atentado", sinalou o portavoz do PP, Rafa Domínguez, que lembrou que Hamás utilizou unha "crueldade inusitada" contra Israel. O grupo municipal do Partido Popular aceptou as emendas presentadas polo BNG e polo PSOE para "non xerar polémica".

O BNG presentou unha emenda centrada na necesidade de reclamar a Israel que "pare xa" de bombardear a Palestina e permita a apertura de corredores humanitarios "ininterrompidos" para asistir á poboación civil porque "é urxente que non morra máis xente".

O Grupo de Municipal do PSOE tamén presentou unha emenda de adición á moción do PP na que se insta ao Pleno do Concello a condenar os ataques terroristas de Hamás contra Israel e ao Goberno de España a que defenda que a Unión Europea manteña as axudas de carácter humanitario dirixidas ao pobo palestino, garantindo que ningún financiamento finalice dando soporte a organizacións terroristas.

OS SOCIALISTAS ENGADEN UN PUNTO Á PROPOSTA DO PP

Os socialistas apoiaron o contido expresado na proposta 'popular', pero consideraron necesario que se engadise un novo punto no que se incluise un rexeitamento expreso aos ataques e accións de asedio (cortes de auga, alimentos e subministración eléctrica) contra os dous millóns de civís que habitan na franxa de Gaza.

Un home sostén un cartel durante unha concentración en solidariedade con Palestina
Un home sostén un cartel durante unha concentración en solidariedade con Palestina | Fonte: M. Dylan - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta