Tres mulleres fanse cos premios literarios da XXVII edición San Clemente

Trátase da galega Sica Romero, a mexicana Brenda Navarro e a británica Nell Leyshon, premios San Clemente 2023.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/10/2023 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

A XXVII edición do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente xa ten gañadoras. 'Avelaíñas eléctricas’, obra de Sica Romero publicada por Nêspera Editora, gaña na categoría de novela en galego, ‘Ceniza en la boca’, de Brenda Navarro editado por Sexto Piso, gaña na categoría de novela en castelán e ‘La escuela de canto’, de Nell Leyshon editada tamén por Sexto Piso, gaña na categoría de novela en lingua estranxeira.

Premios San Clemente
Premios San Clemente | Fonte: remitida

Este galardón, organizado polo IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, fixo público este martes o fallo dos xurados nas tres categorías que distingue o certame: novela en lingua galega, novela en lingua castelá e novela en lingua estranxeira.

Na categoría de novela en galego ficaron finalistas Os seres queridos, obra de Berta Dávila editada por Xerais e Ninguén queda, de Brais Lamela, publicada polo selo Euseino?. Na categoría de novela en castelán, quedaron de finalistas Obra maestra (Anagrama), de Juan Tallón, e Lo demás es aire (Seix Barral), de Juan Gómez Bárcena. Na categoría de novela estranxeira, ficaron de finalistas La autopista Lincoln, de Amor Towles (editorial Salamandra), e La promesa, de Damon Galgut (Libros del Asteroide). 

GALARDÓN OUTORGADO POR ALUMNADO

No Premio San Clemente cada ano actúan como xurado o alumnado do propio IES Rosalía de Castro e tamén de centros de ensino convidados das catro provincias galegas, así como tamén do exterior de Galicia. O alumnado que conformou  os tribunais deste 2023 procede do IES Laxeiro, de Lalín (Pontevedra); IES da Terra Cha José Trapero Prado, de Castro de Rei (Lugo); IES Lagoa de Antela, de Xinzo de Limia (Ourense);  IES Terra de Xallas, de Santa Comba (A Coruña); IES Eduardo Pondal, de Santiago de Compostela; IES Plurilingüe Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, e IES Ramiro de Maeztu (Madrid). 

Tamén foron convidados neste 2023 os alumnados do Lycée Saint François Xavier de Vannes (Francia), Hockerill Anglo European College de Londres (Reino Unido), e Grimmelsahusen Gymnasium de Gelhausen (Alemaña).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta