A Xunta apura as declaracións de impacto ambiental no complexo das Pontes: plantas de hidróxeno e de pneumáticos

Son promovidas por Reganosa e Sentury Tire Spain, respectivamente.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/10/2023 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

A Xunta apura os trámites ambientais de varios proxectos estratéxicos na zona das Pontes. Deste xeito, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este xoves un anuncio da Dirección Xeral de Calidade Ambiental polo que fai pública a declaración de impacto ambiental do proxecto de planta de produción de hidróxeno de Reganosa e da planta de pneumáticos promovido por Sentury Tire Spain, ambos os dous no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez.

Declaración de impacto ambiental favorable para a planta de hidróxeno verde nas Pontes. REGANOSA - Arquivo
Declaración de impacto ambiental favorable para a planta de hidróxeno verde nas Pontes. REGANOSA - Arquivo

Sobre os dous proxectos, segundo o expediente, consultado por Europa Press, a Xunta formula a declaración de impacto ambiental do proxecto "concluíndo que é ambientalmente viable".Iso, "sempre que se cumpra, ademais do recollido no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada", o condicionado que figura ao longo do documento, "tendo en conta que no caso de que exista contradición entre eles, prevalecerá o disposto" na declaración de impacto ambiental.

Nun comunicado de prensa, Reganosa destaca que, deste xeito, "a primeira gran planta de hidróxeno verde de Galicia" obtén a declaración de impacto ambiental favorable.

 

Polo que ten que ver coa planta de pneumáticos, o Goberno galego aprobou o pasado 6 de outubro a declaración como proxecto industrial estratéxico desta planta, que se estima terá unha produción de 12 millóns de pneumáticos de alto rendemento ao ano e suporá un investimento de 531 millóns de euros, ademais de promover a creación de 750 empregos directos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta