Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/10/2023 | Actualizada ás 14:56
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, asegurou que o Partido Popular utiliza o goberno da Xunta como "gabinete electoral" de cara ás próximas eleccións autonómicas.
Preguntada polas críticas do Executivo presidido por Alfonso Rueda cara ás distintas accións do Goberno do Estado, Pontón dixo que o Bloque "leva moito tempo denunciado que Galicia hai meses que non ten goberno nin presidente".
"Galicia hai meses que non ten goberno nin presidente, senón un gabinete electoral que está a traballar en función dos intereses electoralistas do Partido Popular", manifestou.
Pontón dixo que, nun primeiro momento o Goberno galego actuaba en función dos intereses de Feijóo. "E agora dun PP que está á baixa e que sabe que periga a súa maioría", dixo para asegurar que se ve nas "últimas rabexadas" dun goberno que "non ten proxecto de país, que sabe que está en tempo de desconto porque sabe que neste país vai producirse un cambio".
CRÍTICAS TREN
Por outra banda, membros do BNG concentráronse este luns fronte á estación de tren de Vilagarcía de Arousa para reclamar ao Goberno central melloras nos servizos ferroviarios de Galicia, especialmente na comarca do Salnés, e acusaron á Xunta de "conivencia" con este "desmantelamento".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.