Unha ducia de proxectos de drons son seleccionados para o seu desenvolvemento no polo aeroespacial de Galicia

Nove son de orixe galego.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2023 | Actualizada ás 15:46

Comparte esta noticia

A quinta edición do programa BFAero seleccionou a unha ducia de proxectos de drons para o seu desenvolvemento no polo aeroespacial de Galicia, no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei. En concreto, nove son de orixe de galego, dous de Madrid e un de Valencia.

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou en Lugo no evento de acollida aos 12 proxectos, seleccionados entre 144 propostas de 26 países. Un total de tres proxectos acceden ao itinerario de incubación, seis ao de aceleración (dos cales dous formaron parte do itinerario de incubación na terceira e cuarta edición), así como outros tres de consolidación. As 12 iniciativas seleccionadas empregan a 66 persoas.

Os proxectos de itinerario de incubación son: Arzeos Aircraft (Silleda); banco de probas virtual para o estudo da aerodinámica de UAV con aplicación no transporte de cargas e condicións de voo (Santiago de Compostela); Drone Net (Alpedrete, Madrid). No itinerario de aceleración están: ACRE (Nigrán, Pontevedra); plataforma para o desenvolvemento de sistemas de propulsión autónomos en órbitas VLEO (Lugo); lanzamento ao mercado de solucións tecnolóxicas de ITG Drone: ITG DroneSafeBox e DroneSuite (A Coruña); Smart Pavement Analytics (Oleiros); TheDroneMBA (As Pontes); embarcación eléctrica non tripulada de rescate (Valencia). En itinerario de consolidación: Beagle Technology (Narón); Fly-Fut (Madrid) e Anduriña25 (Serra de Outes).

Unha ducia de proxectos de drones son seleccionados polo programa BFaero para o polo aeroespacial
Unha ducia de proxectos de drones son seleccionados polo programa BFaero para o polo aeroespacial | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta