Intento de roubo fallido nunha igrexa de Boborás, onde os ladróns só conseguen levarse "unhas poucas moedas"

As cadeas e adornos de valor que teñen os santos están "gardadas, porque xa houbo roubos na zona do Carballiño hai uns meses". "Tentaron forzar o sagrario, pero non foron capaces", engade Néstor Álvarez, párroco da igrexa.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/11/2023 | Actualizada ás 19:20

Comparte esta noticia

A igrexa de San Martiño de Cameixa, en Boborás, sufriu na noite do sábado ao domingo un roubo, pero quenes fosen os responsables só conseguiron levar "unhas poucas moedas". O párroco, Néstor Álvarez, relata a Europa Press que tivo que ser pola noite, posto que ao longo do sábado a igrexa tivo actividade. Tal e como explica o relixioso, os responsables causaron unha desfeita na porta lateral e, unha vez dentro, puxéronse a buscar obxectos de valor.

Igrexa de San Martiño de Cameixa, en Boborás
Igrexa de San Martiño de Cameixa, en Boborás | Fonte: Flickr

"Tentaron forzar o sagrario, pero non foron capaces", engade Álvarez. O único que bota en falta o párroco son unhas "poucas moedas" que había gardadas, posto que as cadeas e adornos de valor que teñen os santos están "gardadas, porque xa houbo roubos na zona do Carballiño hai uns meses". De feito, non é a primeira vez que entran nesta igrexa de Boborás. Segundo conta Néstor Álvarez, que este luns prevé presentar unha denuncia, ata a igrexa xa acudiu a Garda Civil a sacar fotos e a ver se hai algunha pegada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta