Aparece no río Arenteiro no Carballiño o cadáver dunha muller de 89 anos flotando

A Garda Civil abre unha investigación para esclarecer as causas da morte da muller, que presentaba un golpe na cabeza.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 07/11/2023 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

O cadáver dunha muller de 89 anos foi recuperado da auga tras aparecer no río Arenteiro ao seu paso polo municipio ourensán do Carballiño. Unha persoa que paseaba polo parque municipal do Carballiño localizou o corpo e deu a voz de alarma ás 13.00 horas deste martes aos servizos de emerxencias, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Local.

Ata a zona mobilizáronse efectivos da propia Policía Local, Garda Civil e bombeiros, que articularon un dipositivo para sacar o corpo da muller da auga. A falecida, que foi atopada flotando na auga en posición de cúbito supino e que presentaba un golpe na cabeza, é unha muller de 89 anos que residía no propio municipio do Carballiño. A Garda Civil abriu unha investigación xudicial para tratar de esclarecer os feitos.

Río Arenteiro no Carballiño
Río Arenteiro no Carballiño | Fonte: Wikipedia

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta