Os centros de emprendemento en Galicia elévanse a 11, tras a posta en marcha do de Melide

Estes centros, desde a súa posta en marcha en xullo do ano pasado, atenderon a máis de 700 persoas ás que lle prestaron máis de 2.200 tutorías.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 08/11/2023 | Actualizada ás 19:33

Comparte esta noticia

Os centros de emprendemento en Galicia elévanse a 11 coa posta en marcha do de Melide, inaugurado este mércores nun acto con presenza da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e da titular de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo. Durante a súa intervención, a vicepresidenta segunda incidiu no compromiso do Goberno galego por fixar poboación no rural a través de "políticas transversais" coas que afrontar as peculiaridades do territorio galego.

Nesta liña, puxo en valor os centros de emprendemento e emprego aos que considerou unha auténtica rede de acompañamento e asesoramento para desenvolver iniciativas empresariais que contribúan a crear oportunidades para a poboación. Pola súa banda, a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade sinalou que estes centros, desde a súa posta en marcha en xullo do ano pasado, atenderon a máis de 700 persoas ás que lle prestaron máis de 2.200 tutorías.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na inauguración do centro de emprendemento de Melide
A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a titular de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, na inauguración do centro de emprendemento de Melide | Fonte: XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta