Catro persoas detidas en Pontevedra por pertenza a unha organización criminal de explotación sexual

O operativo tamén atopou máis de 700.000 euros entre o cinco pisos, os cales quedaron precintados pola Autoridade Xudicial.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/11/2023 | Actualizada ás 14:40

Comparte esta noticia

Tres mulleres e un home, membros dunha organización criminal da provincia de Pontevedra, foron detidos por delitos de prostitución coactiva, contra os cidadáns estranxeiros e tráfico de drogas en pisos de citas.

Un dispositivo conxunto da Garda Civil e a Policía Nacional levou a cabo varios rexistros domiciliarios, nos cales atopou mulleres estranxeiras prostituídas en condicións "abusivas e insalubres", segundo un comunicado da Benemérita. As mulleres eran incitadas a consumir estupefacientes para explotalas sexualmente sen apenas descansos.

O operativo tamén atopou máis de 700.000 euros entre o cinco pisos, os cales quedaron precintados pola Autoridade Xudicial.

A investigación iniciouse en febreiro do 2022 a raíz da análise de varias páxinas web de contido sexual. Durante meses localizaron pisos en varias zonas da provincia de Pontevedra, como Vigo, Pontevedra, Marín, O Porriño, Cangas e Sanxenxo.

No transcurso da investigación, a Unidade da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra recibiu unha denuncia dunha vítima da organización, a partir da cal puideron identificar máis vítimas declaradas como testemuñas protexidas.

Efectos incautados que evidencian os delitos investigados, entre eles 700mil euros.. GARDA CIVIL E POLICÍA NACIONAL
Efectos incautados que evidencian os delitos investigados, entre eles 700mil euros.. GARDA CIVIL E POLICÍA NACIONAL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta