Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2023 | Actualizada ás 11:14
A Audiencia provincial da Coruña, na súa sede en Santiago, acollerá o mércores e o xoves o xuízo contra unha traballadora social e un auxiliar administrativo do Sergas, ambos os do Hospital de Conxo en Santiago, para os que piden 10 e oito anos de prisión, respectivamente, por acceder a historiais médicos sen autorización e revelación de segredos.
Segundo o escrito fiscal, a muller accedeu, entre os meses de xaneiro de 2015 e outubro de 2016, un total de 519 veces á documentación médica dun dos prexudicados e 309 veces á doutra. Ademais, a traballadora utilizou esa documentación en novembro de 2015 nun proceso de dilixencias informativas de discapacidade ante a Fiscalía.
O segundo acusado, accedeu entre maio de 2015 e xaneiro de 2016 un total de 26 veces á información médica dun dos prexudicados e cinco veces á da outra prexudicada. Por eses feitos son autores de dous delitos continuados de descubrimento de segredos e a traballadora social tamén de difusión de segredos, ambos por parte de funcionario público.
A muller enfróntase, a cinco anos de prisión por cada un dos delitos e 12 anos de inhabilitación. Para o home Fiscalía pide oitos anos de prisión, unha multa de 20 meses cunha cota diaria de 10 euros e 10 anos de inhabilitación.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.