Os brigadistas que traballen seis meses poderán empregarse noutros sectores da administración, di a Xunta

O goberno galego sinala que segue "potenciando un dispositivo profesional, público e versátil".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2023 | Actualizada ás 17:42

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural defende que está "completamente comprometida" co servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais (SPIF) e "a continua mellora das súas condicións laborais".

Así o traslada Medio Rural a Europa Press despois de que decenas de bombeiros forestais concentráronse este luns ante o edificio da Xunta en San Caetano, en Santiago, para reclamar que se aumente o tempo de traballo dos brigadistas fixos descontinuos que só traballan seis meses ao ano, así como melloras laborais de forma xeral no servizo.

Respecto diso, o Goberno galego destaca que actualmente está en tramitación dunha disposición da lei de acompañamento aos orzamentos para que o persoal fixo descontinuo de seis meses do SPIF poida traballar noutros sectores da administración naquel tempo que non estea activo no servizo.

Así mesmo, sinala que segue "potenciando un dispositivo profesional, público e versátil". Subliña que dous terzos dos empregados do SPIF, uns 2.000 de 3.000 integrantes, "traballa todo o ano en tarefas de prevención e defensa contra os lumes, cubrindo a totalidade do territorio galego".

Ademais, o pasado setembro, case 600 brigadistas pasaron de nove meses a traballar todo o ano, do mesmo xeito que no seu día o persoal fixo descontinuo que traballaba tres meses pasou a seis meses de duración.

Bombeiros forestais concéntranse ante a Xunta
Bombeiros forestais concéntranse ante a Xunta | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta