Sobre o TTIP

O TTIP é un acordo de gran alcance que se está negociando actualmente entre a Comisión Europea (en nome dos Estados membros da Unión Europea -UE) e o goberno dos Estados Unidos de América (EUA).

Por Lois Pérez Leira | Vigo | 22/06/2015

Comparte esta noticia

Non se trata de negociar sobre aranceis, que xa son en xeral moi baixos entre a UE e EUA. Céntrase sobre todo nos regulamentos, normas, dereitos corporativos e garantías de investimento.

 
O TTIP ten como obxectivo, supostamente, facilitar o investimento directo e a eliminación de obstáculos burocráticos innecesarios para o acceso ao mercado para as empresas de ambas as dúas beiras do Atlántico.
 
Pero, que agocha o TTIP?
 
Dado que os aranceis entre a UE e EE UU son xa moi baixos o tratado céntrase na eliminación de leis a ambas as dúas beiras do Atlántico co fin de reducir custos para as multinacionais.
Así, o TTIP pode desembocar na supresión de regulacións sociais, laborais, ambientais ou de seguridade alimentaria e sanitaria para favorecer a ditas multinacionais.
 
Igualmente supón tamén unha desfeita das liberdades dixitais.
 
Un capítulo especialmente polémico é o da protección dos investimentos, pola cal calquera investidor privado internacional pode incumprir calquera lexislación (ambiental, laboral ou social) que interfira cos seus beneficios. Para poder facelo crearanse tribunais comerciais, antidemocráticos e pouco transparentes, aos que se lles dan privilexios para actuar á marxe da xustiza formal, un sistema xurídico coñecido como ISDS.
 
Por exemplo, unha limitación ao fracking (técnica moi contaminante de extracción de gas ou petróleo) ou unha regulación sanitaria para prohibir o uso de sustancias tóxicas poden ser obxectos de demandas por parte das multinacionais implicadas e estas demandas resólvense en tribunais comerciais á marxe dos sistemas xudiciais dos países.
 
A ESQUERDA apoia e participará nas mobilizacións que hai convocadas para o vindeiro 9 de Xuño ás 17 horas na Porta do Sol en Vigo. A ESQUERDA considera este tipo de acordos un ataque á soberanía dos pobos tanto en Europa como en calquera parte do mundo onde as empresas transnacionais impoñan as súas condicións aos estados.
 
O TTIP representa a submisión das institucións europeas ás grandes corporacións coas cales están negociando á marxe de calquera control democrático. Consideramos que estes pactos constitúen un secuestro de dereitos e tómannos como reféns ás persoas e ao propio planeta.
 
Este acordo supón eliminar as barreiras que regulan os nosos dereitos sociais e ameaza dun xeito depredadora á agricultura, o medio ambiente, a regulamentación do mercado laboral, a propiedade intelectual, os servizos públicos, mentres garante ás grandes empresas privadas maiores beneficios e outórgalles prerrogativas case absolutas por exemplo o acceso das empresas a información persoal de particulares con fins comerciais; a comercialización de medicamentos non probados nin testados co mínimo rigor para garantir a seguridade sanitaria, ...
 
Desde A ESQUERDA apoiaremos e fomentaremos acordos que favorezan a solidariedade, a igualdade e a xustiza e opoñerémonos sempre ao atropelo e asoballamento aos cidadáns e pobos europeos e en concreto ao pobo galego, denunciando á vez a complicidade do PSOE e do PP e outras forzas políticas estatais no seu afán de favorecer ás multinacionais en detrimento das e os traballadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Lois Pérez Leira Naceu en Vigo en 1953, emigrando á Arxentina cos seus pais sendo aínda un neno. En 1990 retorno definitivamente a Galicia, especializándose en temas migratorios. Durante estes últimos anos escribiu numerosos libros sobre a emigración galega e impartiu distintas conferencias en distintos países do mundo. Nos últimos anos se dedicou ao documentalismo sendo director de 18 documentais. Na actualidade é o secretario xeral de Nova Esquerda Socialista, organización que participa do Novo Proyecto Común. Foi distinguido en numerososa oportunidades, sendo nomeado cidadán ilustre da cidade de Salvador de Bahia.