Publicada no DOG a admisión a trámite do TC do recurso do Goberno central contra a lei galega de litoral

O Constitucional estudará agora o fondo do asunto e, mentres tanto, suspendeu a vixencia e aplicación dos preceptos impugnados.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/11/2023 | Actualizada ás 10:43

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes a admisión a trámite do Tribunal Constitucional do recurso do Goberno central contra a lei galega de litoral. O Tribunal Constitucional (TC) admitiu a trámite o pasado 6 de novembro o recurso do Goberno contra unha trintena de artigos da Lei 4/2023, de 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, á vez que suspendeu parcialmente a súa aplicación.

O Parlamento de Galicia aprobou o pasado xullo a nova lei do litoral --con votos a favor do PP e abstención do BNG e PSdeG--, que contempla a asunción por parte da Xunta das competencias en xestión do espazo marítimo terrestre. O Constitucional estudará agora o fondo do asunto e, mentres tanto, suspendeu a vixencia e aplicación dos preceptos impugnados, desde a data de interposición do recurso (11 de outubro de 2023) para as partes e desde o día en que apareza publicada a suspensión en BOE --o pasado xoves-- para terceiros. En concreto, o presidente do Goberno recorreu, entre outros, diversos apartados dos artigos 1,2,3,11,12, 21, 22, 23, 24, 25, 27, 29, 34, 35, 36, 40, 41, 46, 48, 49, 52, 53, 55, 57, 58, 59, 60, 62 e 64 da citada norma.

Sede do Tribunal Supremo.
Sede do Tribunal Supremo. | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta