A Asociación de Produtoras Independentes outorga á xornalista Tereixa Navaza o II Premio de Honra Dolores Ben

A Agapi destacou, da súa traxectoria profesional, a retransmisión da chegada dos restos de Castelao e a lectura dos comunicados dos traballadores do sector naval, polos que "sufriu a censura de TVE", de acordo cun comunicado da asociación.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/11/2023 | Actualizada ás 18:43

Comparte esta noticia

A santiaguesa Tereixa Navaza, "unha imprescindible do xornalismo e o primeiro rostro da televisión galega", recolleu este martes o II Premio de Honra Dolores Ben entregado pola Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi) no estudo Cinemar Films.

A Agapi cualificou o acto de entrega como "emotivo", xa que "ata alí desprazáronse numerosos invitados relacionados co mundo da cultura que quixeron arroupar coa súa presenza este acto tan especial".

Tereixa Navaza (Santiago de Compostela, 1947) foi un dos primeiros nomes femininos que entraron nas redaccións audiovisuais e pioneira na radio e na televisión galegas.

A Agapi destacou, da súa traxectoria profesional, a retransmisión da chegada dos restos de Castelao e a lectura dos comunicados dos traballadores do sector naval, polos que "sufriu a censura de TVE", de acordo cun comunicado da asociación.

VIDA PROFESIONAL DE TEREIXA NAVAZA

Comezou a traballar en Cadea SER Galicia a finais de 1965 presentando programas como 'Hora 25', 'Matinal Cadea Ser' e 'Os 40 Principais'. Tamén dirixiu e presentou 'Horas novas' un programa realizado maioritariamente por estudantes universitarios.

Traballou tanto o a delegación galega de TVE, como vinte anos máis tarde no Consello de Administración da CRTVG. Volveu a Televisión Española en Galicia no 2002, ata que no 2005 foi afectada por un ERE.

Ademais de radio e televisión, tamén escribiu numerosos artigos de opinión e entrevistas para 'O Correo Galego', 'La Voz de Galicia', o semanario 'A Nosa Terra' ou na revista feminina 'Andaina'.

A xornalista e escritora Tereixa Navaza
A xornalista e escritora Tereixa Navaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta