O alcalde de Outes cobrará o mesmo que a alcaldesa de Madrid

Carlos Crespo, do Partido Popular, cobrará 45.000 euros ao ano nun concello no que viven 6.000 persoas.

Por Galicia Confidencial | Outes | 27/06/2015 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Carlos Crespo, que volveu repetir como alcalde da Serra de Outes, impúxose un soldo de 45.000 euros, unha cantidade semellante á que tamén cobrará a nova alcaldesa de Madrid, Manuela Carmena. Con  todo a diferencia é ben grande, porque unha ten a responsabilidade de gobernar sobre 3,2 millóns de persoas e o outro sobre 6.000.

Carlos Crespo, alcalde popular de Outes
Carlos Crespo, alcalde popular de Outes

Unha decisión que non ten sentado nada ben no líder da oposición, Manuel Rodríguez, de Compromiso por Galicia, que criticou os máis de 3.000 euros mensuais que cobrará Crespo e, sobre todo a proposta de gastos para o concello. E é que, o proxecto do PP incluía dúas dedicacións exclusivas cun custe aproximado para o concello de 109.000 €.

Por outra banda, os populares de Outes propuñan, segundo Rodríguez, a creación dunha  "Comisión de Coordinación de Concelleiros-Delegados, a maiores da Comisión de Goberno, na que se gastarán máis de 28.000 € anuais para beneficio dos concelleiros do PP". A asistencia a esta comisión con celebración semanal terá unha indemnización de 90 €, ao igual que ás da xunta de goberno, mentres que as indemnizacións por asistencias a pleno quedan fixadas en 60 €". Compromiso propoñía que todas as asistencias tiveran a mesma indemnización, de 50 €.

Ademais, CxG amosou o seu desacordo na proposta do grupo de goberno de sacarlle competencias ao Pleno, a favor da Xunta de Goberno. “Significa facer menos transparente a xestión pública do concello, o Sr. Crespo e o PP seguen sen entender que a cidadanía reclama transparencia", apuntou.

Non é a primeira vez que Crespo ten críticas polos elevados soldos. Xa na pasada lexislatura aprobou un soldo de 49.500 euros ao ano para el e outro de 46. 200 para o seu tenente de alcalde. 

Carlos Crespo recibe un premio da Xunta
Carlos Crespo recibe un premio da Xunta | Fonte: xunta.es

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

4 Paula R

Que aproveite estes quatro anos, que para a próxima o Manolo González (e não Rodríguez) vai ser quem tenha a maioria absoluta.

3 Ana

Grecia= dignidade e democracia. ¿España?. Celebremos todos que en Europa hai un goberno que si defende os intereses do seu pobo e antepon a democracia e os dereitos humans aos intereses do capital.

2 Alarico

Nom há maior falsidade que as verdades a medias. Nom há maior ignomínia que ter alma de servo. O PP e o PSOE som claro exemplo de organizaçons onde os seus dirigentes (Aznar, Felipe González, etc...) entrárom com umha mao adiante e outra atrás, e hoje som oligarcas multi milionários mentres a gente do comum chimpam com ela à miséria. Sabe-se que hoje no Reino de Espanha há mais de 3 milhons de súbditos passando fame. Dim-no organizaçons tampouco suspeitosas como a OCDE entre outras. Os dous comentários que precedem a este som mostra do maior enxovalho intelectual e social no que pode viver um ser humano

1 A ovella reina

Saeu una camada postmoderna, normalmente son os mais doados de enganar, porque sendo ovellas sinten a necedade da seguridade en será superiores. A humildade é o síntoma mais relevante da intelixencia. Felipe era un señorito andaluz, ben relacionado, e escollido candidato polo franquismo e a CIA no congreso de Suresnes. Aznar era fillo do xefe de información do movemento. Seguro que son tan oligarcas coma Cisneros que regalaron Galerias Preciados ou grandes accionistas das enerxéticas das que forob conselleiros a pesares de ser abogados. É que mentras aos años ollades o dedo que sinala a peóns políticos. O teu reino do caralho, tiña una debeda pública das mais baixas da UE en relación o PIB, hoxe ten unha debeda impagable de mais dun billón de euros, froito de meterlle pelotazos e debeda privada, dos plutócratas que verdadeiramente gobernan, paspán.

1 A neo casta

O populismo tan de "mode" hoxe en día, baixarse o soldo e trincar por outro lado. Pouco tardou Manuela Carmena en enchufar a un familiar coma xefe de gabinete, incumplindo a normativa imposta pola anterior alcaldesa, que prohibía por a dedo nun posto oficial a un familiar. Menos cortouse ainda a "Ada que nos han Colau" en Barna, pouco esperou para enchufar a sua parella. O seu segundo para non ser menos, enchufou a sua.

1 Antxon de Fumetán

Estes son moito peores poraue a maioría están esfamiados