A Xunta volve reclamar ao Goberno que retire o recurso contra a lei do litoral

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, criticou que desde o Goberno central "fagan oídos xordos".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/11/2023 | Actualizada ás 18:57

Comparte esta noticia

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, volveu a reclamar unha rectificación ao Goberno Central e que retire o recurso interposto ante o Tribunal Constitucional contra a lei do litoral de Galicia. Así o manifestou o titular de Mar nun encontro con medio centenar de representantes do sector, entre os que se atopaban membros das confrarías de pescadores da provincia da Coruña, da Asociación de Empresarios Depuradores de Moluscos (Agade) e da comisión Mar-Industria da Confederación Galega de Empresarios (CEG), entre outros, na sede da Federación Galega de Confrarías en Milladoiro, no concello coruñés de Ames.

Segundo detallou a Consellería, Villares puxo en valor o consenso co que se tramitou a norma galega, aprobada sen ningún voto en contra e co aval do Consello Consultivo de Galicia, así como "o rigor xurídico co que se elaborou como demostra o feito que só foi recorrido un 15% da articulada fronte o 40% anunciado". Unha decisión que, destacou, "provoca unha grave inseguridade xurídica e pon en risco a actividade do tecido mar-industria no litoral e ao emprego que xera". O responsable autonómico tamén sinalou o feito de que o Executivo central iniciase a tramitación do recurso ante o Tribunal Constitucional o mesmo día en que foi publicada a norma no Diario Oficial de Galicia, "o que demostra a falta de vontade de diálogo e de alcanzar acordos por parte do Estado".

Así mesmo, Alfonso Villares criticou que desde o Goberno central en funcións "fagan oídos xordos e non escoite o clamor que crece cada día máis en Galicia en defensa do seu sector produtivo e do seu litoral", instando novamente a rectificar e permitir que Galicia "tome o temón das súas competencias sobre a costa e os caladoiros".

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares./ XUNTA - Arquivo / Europa Press
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares./ XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta