Os sindicatos e a empresa Gabadi, auxiliar de Navantia, chega a un acordo sobre os pluses dos traballadores

Representantes sindicais sinalan que este acordo "non é un punto final, nin un punto e aparte, é un punto e seguido".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2023 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

Sindicatos e a dirección de Gabadi, auxiliar de Navantia Ferrol, alcanzaron un acordo sobre os pluses a percibir polos traballadores da compañía nos estaleiros de Ferrol en cumprimento do convenio provincial do sector siderometalúrxico da Coruña.

Así o trasladou o secretario da Federación de industria de CIG en Ferrol, Vicente Vidal, que sinalou en declaracións aos medios que este acordo se aplicará con carácter retroactivo antes do 1 de decembro.

A firma realizarase ante o Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais para a Solución de Conflitos de Traballo (AGA), xa que, segundo Vidal, "calquera mediación que se asigne alí, ten rango de convenio", e que este acordo será logo "trasladado á comisión negociadora do convenio para a súa publicación e para a súa incursión posterior no devandito texto".

De todas as maneiras, o representante sindical detallou que tras este acordo "non é un punto final, nin un punto e aparte, é un punto e seguido".

"Imos seguir coa folla de ruta que tiñamos marcada, que é tentar conseguir que todos os traballadores que entren dentro desta factoría, para facer traballos de naval, cobren os acordos, cos pluses de Navantia que correspondan", sinalou.

Pórticos de Navantia  /  EUROPA PRESS/ARQUIVO
Pórticos de Navantia / EUROPA PRESS/ARQUIVO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta