Galicia ten a maior densidade eólica do Estado: unha "burbulla" con danos "irreversibles"

A asociación ecoloxista Arco Iris denuncia o "holding eólico" que existe en Galicia.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/11/2023 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Arco Iris advirte de que Galicia é a comunidade con maior densidade eólica, polo que pide unha "profunda reflexión" en canto ao seu desenvolvemento.

Nun comunicado, apunta que apoia as mobilizacións contra os cambios introducidos polo PP na lei de acompañamento aos orzamentos de 2024, que declara de "interese público superior" aos proxectos eólicos, posto que "trata de insuflar máis aire a unha burbulla eólica xa inasumible", "que está a causar danos ambientais e paisaxísticos xa irreversibles en moitas zonas da comunidade".

"O camiño a seguir non é seguir sacrificando a un territorio xa martirizado en exceso, senón asumir os argumentos máis que razoables de infinidade de colectivos sociais, fartos xa da impunidade do 'holding' eólico, ás que se adxudican recursos públicos para especular con eles e vendelos ao mellor ofertante, sobre todo a empresas estranxeiras, moitas delas públicas, que cotizan lonxe das nosas fronteiras sen importarlles hipotecar a soberanía enerxética e o potencial ambiental e turístico do noso país", expón nun comunicado.

Así, chama a atención acerca de que "Galicia xera un 138% de toda a enerxía que consome e o excedente sae da comunidade". "Lugo segue sendo líder nacional, cunha taxa de 0,471 (Gwh/km2), o que debe ser suficiente para promover unha profunda reflexión acerca da invasión eólica de Galicia", incide Arco Iris.

Unha vaca pasta fronte a un grupo de aeroxeradores no Parque eólico do Fiouco, da Serra do Xistral / Carlos Castro - Europa Press  / Europa Press
Unha vaca pasta fronte a un grupo de aeroxeradores no Parque eólico do Fiouco, da Serra do Xistral / Carlos Castro - Europa Press / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chucho

Imos tolear de vez co «shadow flicker» de centos e centos de muíños do capital diabólico...pero dá igual. Imos cara a extinción sen posibilidade de remisión.