Diego Calvo lamentou a "improvisación" coa que foi convocada a Conferncia, unha actitude que, ao seu xuízo, responde "á estratexia do Goberno de Pedro Sánchez" para "tender unha cortina de fume e non dar respostas nin explicacións respecto dos escándalos que implican tanto ao seu Goberno como á súa contorna".
  comenta   0
A Asociación Morreu o Demo recollerá o recoñecemento que lle outorgou UNIMA no congreso desta entidade en Chuncheon
Red eléctrica non sabe aínda como se produciu este apagón masivo "sen precedentes na historia". Rede Electrica de Portugal apunta a un fenómeno meteorolóxico sumamente raro
  comenta   0
A eurodeputada do Bloque Nacionalista Galego, Ana Miranda, subliñou que a normativa contempla a creación de puntos de coordinación nos Estados membros que decidirán adherirse á iniciativa
  comenta   0
Este incremento é inferior ao rexistrado a nivel nacional, xa que no total de España o número de cidadáns españois que residen fóra das fronteiras creceu un 4,7 %, superando a barreira dos tres millóns a 1 de xaneiro de 2025, segundo datos publicados este mércores polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
  comenta   0
1.116 unidades correspóndense a bonecos e xoguetes da marca 'Sonny Angel' que non se correspondían cos produtos orixinais.
Juanma Moreno e Alfonso Rueda rexeitan a acollida e non descartan recorrer aos tribunais. A conselleira de Política Social, Fabiola García, sinala que o sistema galego conta con 800 prazas de menores e unha rede de 80 centros nos que acollelos, "con independencia das súas orixes", sistema que está actualmente "ao 104 %".
  comenta   0
Nova York non é unha cidade calquera. É un símbolo. É historia, diversidade e diálogo. E, sobre todo, é un ensaio —quizais o máis exitoso— do que despois quixo ser a Unión Europea: un espazo construído desde as achegas de centos de comunidades diferentes, con raíces diversas e culturas entrelazadas, creando algo novo sen renunciar á alma de cada quen, un verdadeiro valor diferencial, que atrae a todo o mundo.
  comenta   0
É tempo de deixar atrás a vella orde xurdida do fin da Segunda Guerra Mundial en 1945 e superar para sempre os vellos privilexios da política de bloques deseñados por quen na actualidade están a mostran o seu verdadeiro rostro
  comenta   2
O desenvolvemento do sistema capitalista transformou o mundo de maneira radical, xerando avances tecnolóxicos, melloras nas condicións de vida e un crecemento económico sen precedentes. Porén, estas transformacións foron profundamente desiguais. Mentres certos sectores e rexións acumularon riqueza e benestar, outros sufriron explotación, precarización e devastación ambiental.
  comenta   0
Algunha vez te atopaches mirando unha medalla ou un amuleto e sentindo que ten algo máis que un deseño bonito? Hai obxectos que levan historias, que protexen, que nos acompañan nos días bos e nos complicados.
  comenta   0
É urgente. Nom há, Irmáus, tarefa mais necessária e urgente: Temos que pôr a salvo o nosso barco; ¡estase-nos fundindo pouco a pouco!
  comenta   0
Foi tras unha operación policial en varios establecementos da comarca da Coruña.
Manuel Miragaia (A Coruña, 1958), profesor e escritor, autor do libro 'A terra do Eo-Navia. A galeguidade en Asturais', reivindica nesta obra o recoñecemento oficial por parte da comunidade autónoma de Asturias da comarca do Eo-Navia e, á súa vez, a variante lingüística galega, alén dunha normalización fluída e respectuosa das relacións e intercambios culturais entre Galicia e o Eo-Navia, que poden ser moi produtivos e beneficiosos para os dous pobos. Tamén defende nela a necesidade da creación dunha Academia da Lingua Galega do Eo-Navia.
  comenta   0
“A liberdade é sempre e exclusivamente liberdade para aquel que pensa de maneira diferente"
  comenta   0
Con máis dun millón de seguidores sumando a súa canle de Youtube e as súas contas de Instagram e Tik Tok, Anita logrou forxarse un futuro nas redes sociais que lle permitiu saír dunha ditadura que afoga ao seu país, que restrinxe dereitos e que obriga á súa xente a vivir na miseria. Esta é a súa historia.
  comenta   4
O tamén director do Centro de Estudos de Seguridade (CESEG) explica ao Galicia Confidencial que "nun mundo incerto como o é o actual, con tantas variables xeopolíticas que percibe a opinión pública con certa inquedanza, nestas eleccións claramente primou a lóxica de apoiar o 'chegar a final de mes' económico", algo que tamén pesou para a poboación inmigrante que foi votar, pois "ao estar legalmente residindo nos Estados Unidos, a política migratoria de Trump non lles afecta".
  comenta   2
Martiño Noriega, aínda que non quere falar de tempos, nin fórmulas para integrase no Bloque, avisa: "Anova non quere ser un axente pasivo que só pida o voto". Lembra que cando a súa formación apoiou ao BNG non se falou de intercambio de postos, primou o diaĺogo e o silencio.
  comenta   3
Jorge De Torres Rodríguez, arqueólogo do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, forma parte do equipo que demostra que o Corno de África foi un lugar moi próspero noutra época e que os estados fallidos da actualidade débense "ás divisións artificiais que os imperios coloniais fixeron na zona en séculos pasados, separando poboacións nómades ata en 5 países diferentes".
  comenta   0
Salvador Monteagudo é un galego que leva media vida vivindo nunha vila de Manhattan próxima á cidade de Nova York e que nos dá a súa visión sobre o que impulsou a Trump a unha vitoria tan abafante, e contra todo prognóstico, fronte a Kamala Harris.
  comenta   8
Segundo relata nun comunicado, os migrantes foron trasladados en condicións precarias, sen medidas de seguridade e con escaso alimento e bebida, tras pagar ao detido, que agora se enfronta a cargos por suposto homicidio imprudente e violación dos dereitos dos cidadáns estranxeiros.
Este verán, tras a vitoria da selección española de fútbol na Eurocopa, dirixentes de partidos independentistas como Bildu instaron a reclamar o recoñecemento internacional das seleccións de Cataluña, País Vasco e Galicia porque, en palabras do portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, a Selección de Fútbol está formada por "cataláns e vascos creando e rematando" mentres os españois "o aproveitan".
  comenta   0
Ambos tentaban tomar un avión con destino a Dublín (Irlanda), utilizando pasaportes falsos, que adquiriran, para facerse pasar por cidadáns de Grecia. Eses documentos permitiríanlles moverse libremente polo espazo Schengen sen ningún tipo de restrición.
O equipo de investigación da doutora Rosa María Pinto Solé logrou illar "unha cepa que replica mellor que as outras, que nos rinde moito máis e que pode ser un novo candidato vacinal que faría que a vacina final fose moito máis barata das que temos actualmente", un total de 7.
  comenta   0
Visitará este mes Río de Janeiro e Sao Paulo. Atender á diáspora, abrir portas ao empresariado galego e a relación con Portugal, claves na súa axenda internacional esta lexislatura.
  comenta   0
Son moitas as experiencias noutros países do noso entorno, durante décadas, fornecendo de vivenda en alugueiro a prezo taxado e dependente da situación económica das familias. Aquí, polo de agora, o esforzo en materia de provisión universal de vivenda tense focalizado doutra maneira e con menor intensidade... Penso que é hora de, nun contexto de especulación nunca visto e de novos axentes “consumidores” de vivenda, poñer os vimbios para facer as cousas doutra maneira...
  comenta   0
A través dun enfoque narrativo novo, explora aspectos como a participación das mulleres e, non só dos homes, nas campañas guerreiras ou a mestura con pobos de puntos como o norte de África ou o sur de Europa, entre outros.
O alcalde de Arbo destacou que a cooperación transfronteiriza é un dos medios "máis eficaces" con vista á aproximación das poboacións fronteirizas, "suprimindo as dificultades que implican todas as fronteiras".
  comenta   0
Inés Calderón Medina, do Centro de Ciencias Humanas e Sociais do CSIC, asegura que houbo un tempo, entre os séculos XI e XIII no que o matrimonio eclesiástico non era a única forma de unión entre a nobreza, senón que había moito concubinato, como unha forma de xerar alianzas políticas por intereses territoriais.
  comenta   0