Feijóo: “Non me asubiaron a min, senón ao presidente do Centro Galego”

O presidente galego suliña que os apupos recibidos en Londres eran de emigrantes que “non pertencían ao centro galego” e que “a maioría non eran galegos”. Algúns lectores din que Feijóo marchou escoitando a canción “Adios con el corazón”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/06/2015 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recoñece que sufriu un episodio lamentable durante un acto que se celebrou no Centro Galego de Londres o pasado sábado tras os “asubíos” de parte dos presentes a unha comida que conmemoraba o Día de Galicia nesa sociedade.

Feijóo entregou unha placa ao presidente do Centro Galego en Londres, Nicolás Miño
Feijóo entregou unha placa ao presidente do Centro Galego en Londres, Nicolás Miño | Fonte: cronicasdelaemigración.com

Con todo, e preguntado por GC sobre esta cuestión, Feijóo quixo aclarar o acontecido e suliñou que, en ningún momento, os asubíos foran contra el, senón contra o presidente do centro, Nicolás Miño. “Ese acto desenvolveuse con absoluta tranquilidade. Había un grupo de persoas  que increparon ao presidente do Centro Galego de Londres, cousa que lamento porque me parece que é un bo presidente e non se merece ese tipo de actos. Polo que me dixo, non pertencían ao centro galego e a maioría deles non eran galegos”, xustificou.

A  Xunta enviou un comunicado aos medios o pasado domingo –sen foto-- sobre un suposto discurso pronunciado por Feijóo neste centro. Preguntado por esta cuestión, o presidente da Xunta suliñou que “participou en dous actos, un pola noite no que participei e outro ao día seguinte no que participou o presidente do Centro Galego”.

Sen embargo, nese comunicado, suliñase textualmente “durante os actos de celebracións do Día de Galicia no Centro Galego de Londres en Londres, Feijóo destacou a necesidade de lembrar sempre de onde vimos e cal foi o punto de partida da Galicia de hoxe”. Foi, por iso que algún lector se puxo en contacto con este medio para negar que ese discurso se tivera producido e para asegurar que Feijóo fora “apupado” polos presentes

Segundo algúns destes lectores, estaba previsto que Feijóo falara durante esa comida pero que, finalmente, non foi posible, porque a xente comezou a asubiar cando o presidente do centro insistiu en destacar as cualidades do líder popular e en presentalo como un dos mellores presidente de Galicia. “O presidente do centro quentouse e meteu a pata aínda máis fondo... A cousa tornou en cachondeo..”, apunta un lector. “Feijóo escusouse e marchou en medio de cánticos de 'Adios con el corazón'”.

Feijóo saudando a emigrantes galegos durante a comida no centro sen que haxa máis fotos nas que se vexa o presidente galego falar
Feijóo saudando a emigrantes galegos durante a comida no centro sen que haxa máis fotos nas que se vexa o presidente galego falar | Fonte: cronicasdaemigracion.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Ameneiro

Tecnicamente tem razom, assuviarom ao presidente do centro galego quando apresentava a Feijoo como o melhor presidente da Galiza.

3 Alberto sal del armario

Alberto sal del armario!!!

2 galegoexiliado

Os emigrantes galegos no exterior son bos e xenerosos co franquismo que os botou do seu país, e gustan de xuntarse con políticos da mais rancia dereita española, e cando van á aldea fachendean do ben que lles vai no extranjero. Os que asubían son catro perroflautas mozos desos da "movilidade exterior" que ainda non se colocaron. Os centros galegos sempre foron un niño de...sempre ó servizo do poder franquista, e do medre persoal. Afortunadamente ainda quedan moitos exilados e emigrantes que nunca pisamos un centro galego de esos, nin siquera naquelas festas de rancio españolismo con corosydanzas, Rapael y Manuel Escobar.

1 joseva

Autoagasaxandose coa diaspora do seo povo no soi devian silvalo seno que devian ser encausados xuzgados e condeados pola historia como mequinos e,malvados e cruels vividores!!!!!